José Antonio García

Os populares de Sarria votarán en contra de cambiar o nome das rúas Calvo Sotelo e José Antonio

O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria votará en contra da proposta do BNG de cambiarlle os nomes ás Rúas Calvo Sotelo e José Antonio ao entender que non incumpren a Lei de Memoria Histórica e que ademais os nacionalistas tratan, con esta iniciativa que vai ao Pleno do xoves, de impor a súa ideoloxía.  

Os populares sosteñen que só avalarían este cambio se houbese un amplo consenso e todos e froito dunha ampla vontade de todos os veciños e veciñas, algo que non se da, posto que son nomes que as rúas levan desde hai anos sen ter causado controversia algunha.

“O BNG trata de cambialos por criterios ideolóxicos porque, lles guste máis ou menos, non incumpren a Lei de Memoria Histórica”, engaden, polo que non son persoeiros franquistas no sentido que fixa a Lei. “Novamente e pese a ser o grupo minoritario, quere impoñerlle a súa ideoloxía ao pobo e non o imos permitir”, precisan no PP. 

Trátase ademais, apuntan os populares, dunha proposta que crea prexuízos económicos a moitos veciños e veciñas, particularmente a autónomos e comerciantes. 

 Neste sentido, desde o Grupo Municipal do PP recordan que a alcaldesa e o seu Goberno manteñen a Sarria sen presupostos, están deixando que se perdan multitude de subvencións públicas, recortan en servizos públicos básicos, como é o da Policía, teñen estancada a Ponte Ribeira sen darlle solución e ata promoven instalacións ilegais, como a canceira municipal. “Un desastre que tratan de enmascarar con medidas controvertidas que o PP non vai apoiar”, conclúen.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Manuel Somoza
    Dec 27, 2016 - 08:58 PM

    Pero este Politiquillo que coño dice Estate calado que non saibes o que dis

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo