Os sanitarios da Mariña concentraranse todos os mércores contra a Lei de Saúde

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña volveu a celebrar esta mañá unha nova concentración para esixir a retirada do anteproxecto de Lei de Saúde que a Xunta de Galicia presentou recentemente e que “pretende borrarnos do mapa como área sanitaria”. Dende a CIG Saúde da Mariña reclaman ademáis a capacidade de xestionar dende a comarca tanto os centros de saúde como o hospital para así, ofrecer unha mellor prestación sanitaria de proximidade. Aseguran que estas concentracións non acabarán ata a retirada do anteproxecto e animan a todos os sanitarios da zona a manifestarse todos os mércores ás 12 do mediodía diante do seus centros de saúde.

Para a Xunta de Persoal a modificación da Lei de saúde o que prentende “é legalizar a mobilidade de profesionais cara o Hula e centralizar no gran Hospital as intervencións cirúrxicas e as probas diagnósticas”, algo que os sanitarios da Mariña rexeitan enérxicamente xa que non queren, afirman, centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar así os desprazamentos da cidadanía.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo