Os sindicatos chegan a un acordo sobre as condicións dos traballadores da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Goberno Interior, Miguel Sotuela Vega, mantivo no día de hoxe un encontro cos representantes das 4 centrais sindicais da Deputación, no que abordaron o acordo unánime ao que chegaron sobre a mellora das condicións laborais dos traballadores do organismo provincial. Por primeira vez, un Goberno Provincial consegue o respaldo de todos os sindicatos, feito que valoraron como “un acordo histórico nesta institución”.

Campos Conde apuntou que “por vez primeira na Deputación de Lugo chegamos a un acordo de xeito unánime que recolle a meirande parte das propostas que as centrais sindicais, en representación dos traballadores desta administración, fixeron a dito acordo, no que fomentamos a participación directa do persoal da Deputación de Lugo. Fixémolo dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, defendemos que no relacionado ao emprego público é necesaria a negociación colectiva e participación directa dos traballadores para establecer as condicións de traballo dos empregados públicos. Dende o Goberno Provincial cremos que a nosa finalidade principal é dar resposta ás  reivindicacións e obxectivos dos traballadores e empregados”.

O titular provincial subliñou “a vontade colaboradora de todas as centrais sindicais nun acordo histórico para o persoal que presta os seus servizos nesta administración, dirixida a mellorar as súas condicións laborais”. “Quero reiterar o meu agradecemento a todos polo traballo realizado para culminar este acordo: ao Deputado Delegado de Goberno Interior, aos representantes das catro organizacións sindicais que integrades a representación dos empregados, á Xunta de Persoal, ao comité de Empresa pedíndolles que fagan o esforzo en trasladar a todos os empregados o contido deste Acordo e ao persoal do Servizo de Recursos Humanos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com