Os socialistas denuncian que o PP marxina aos produtores de ovino e cabrún de Lugo

O PSdG de Lugo denuncia que o Partido Popular marxina a sabendas e intencionadamente aos produtores das 6.700 explotacións de gando ovino e cabrún da provincia, pois decidiu non incluílos na campaña de promoción de consumo de carne que os populares puxeron en marcha dende a Xunta de Galicia. Estes profesionais solicitaron directamente á Consellería de Medio Rural a súa incorporación na mesma, acadando o non por resposta por tratarse dunha decisión da Presidencia do Goberno galego, que ostenta Núñez Feijóo.   

 O PSOE remarca a importancia deste sector para a economía da provincia, pois no conxunto do territorio lugués hai rexistradas unhas 6.700 explotación de gando ovino e cabrún, que representan o 30% das existentes en Galicia. Na súa maioría, son agrupacións familiares que non chegan ás 100 cabezas de gando mentres que unhas 80 contan con máis dun cento de exemplares, superando nalgúns casos os 250 animais.

 Con este datos, os socialistas consideran que estes profesionais precisan dun maior compromiso da administración galega coas competencia directas na materia, que é a Xunta de Galicia, para impulsar a comercialización e consumo dos seus produtos. O PSOE apunta que “este é un exemplo máis da lexislatura do PP no desmantelamento e abandono do rural da nosa provincia”.

 O PSOE defende a igualdade de oportunidades para todos os produtores: vacún, porcino, avícola, cunícula, cabrún e vacún…. pois todos e cada un deles precisan da implicación das administracións públicas para manter e impulsar os seus negocios, atopando oportunidades nun mercado cada vez máis global e internacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com