Otero pide un debate público entre os tres candidatos á secretaría provincial do PSdeG

A candidata á secretaría xeral do PsdeG-PSOE, Patricia Otero, solicita aos outros dos candidatos á secretaría xeral, un debate público, onde poden estar presentes os afiliados da provincia, a cidadanía en xeral e os medios de comunicación. Considera, que o sábado día 2 de decembro podería ser un bo día para celebralo, porque é o remate da campaña das primarias e o día previo ás votacións. Así o anuncia o grupo socialista provincial a través dun comunicado, no que asegura a candidata que hoxe mesmo se porá en contacto coa organización das primarias para que se comunique esta proposta aos compañeiros.

Otero tamén sinalou os aspectos máis salientables da súas propostas. No plano político destacou a necesidade dun Pacto Social e Político polo Crecemento Demográfico. Así mesmo impulsará un pacto polo emprego estable, digno e de calidade en Lugo. Respecto das peticións en materia de infraestruturas de comunicación sinalou como reclamacións: unha Estación Intermodal e o AVE, o corredor da mariña; a autovía A-76 fundamental para o Porto Seco de Monforte.

A candidata expresou tamén o que pretende facer en canto chege, se así resulta, á secretaría. Comezou anunciando que potenciará os servizos públicos de calidade: a unidade de hemodinámica as 24 horas do día; a “oposición ao desmantelamento das áreas sanitarias de Monforte e Burela” e a solicitude da modificación da lei de Servizos Sociais de Galicia “para que sexan prioritarios os concertos coas residencias públicas, como é o caso das residencias construídas pola Deputación”.

No aspecto orgánico comentou que liñas fundamentais de actuación levará a cabo no partido: “maior democracia, participación e transparencia e con vocación de rexeneración da política; a militancia será  considerada fundamental neste proceso de renovación; os cargos orgánicos e institucionais renderán xestión periodicamente diante da militancia e as comarcas terán un maior protagonismo”. Programa, o da burelá, que comparte en gran medida co outro candidato, Álvaro Santos.

Patricia Otero fixo referencia a que a impresión que sacou neste proceso é que “a militancia ten gañas de que se renove o partido”. Nesa liña, indicou que ela representaba a renovación, a integración e a unidade. Afirmou neste sentido que estes tres principios son os que poden ser claves na reconciliación de todos e facernos máis fortes.

Por último enviou unha chamada a toda a militancia para que participe amplamente, o domingo día 3 de decembro, “porque é momento en que todas aquelas esperanzas de cambio que teñen pódense ver cumpridas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com