Pangea, en Madrid, acolle a presentación do XXVII Mercado Medieval de Mondoñedo

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu hoxe na sede madrileña de ‘Pangea’, a tenda de viaxes máis
grande do mundo, o acto de presentación da XXVII edición do Mercado Medieval que se desenvolverá do venres 10 ao domingo 12 de agosto na cidade mariñá.

A rexedora subliñou que esta cita, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Galego, achega Mondoñedo ao seu pasado medieval do que conserva o seu entramado urbano e, polo tanto, se erixe como “o mellor escenario” para a celebración desta feira medieval. “Esta é unha das súas fortalezas fronte a outras celebracións galegas, xunto ao feito de ser a segunda máis antiga destas características e o de terse consolidado como un mercado atractivo para artesáns de diferentes comunidades”, indica.

Durante o acto, Elena Candia estivo acompañada polo responsable de relacións institucionais da Asociación Pueblos más bonitos de España, Pedro Fernández Arroyo, e polo recoñecido blogger de viaxes, Diego Pons. Ambos son “dous grandes apoios” á hora de ofrecer “máis difusión sobre os nosos reclamos como vila”.

A alcaldesa destacou a transcendencia deste evento ao superar os 35.000 visitantes durante os tres días da última edición converténdose no principal reclamo turístico da vila. Deseguido, Elena Candia convidou a participar neste mercado medieval que se desenvolve nun “marco incomparable” e cunha cidadanía “implicada coa súa celebración dende as súas orixes”.

De feito, a rexedora mindoniense recordou tamén durante a súa intervención ás asociacións colaboradoras como é o caso dos Amigos do Mercado Medieval, a Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Pasatempo que “ano tras ano traballan desinteresadamente” para facer desta cita unha festa de retorno ao medievo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com