Paradela solicita a Medalla Castelao para Xesús Mato

O Concello de Paradela, a solicitude do Orfeón Lucense, do que Xesús Mato é Director Emérito, acordou po unanimidade solicitar a Medalla de Castelao para o distinguido paradelense, de 85 anos de idade, que foi o creador de Auxilia-Lugo e orixinou o nacemento de Fuxan os Ventos, entidade case histórica na canción galega, que tomou o nome da canción, con letra e música de Mato, coa que o colectivo gañou o festival das San Lucas no 1972.

Nestes momento, son 700 as adhesións de particulares e colectivos que foron entregadas no Concello de Paradela, que os fixo chegar á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, para que figuren anexas á petición formulada polo Concello de que se conceda unha das medallas Castelao deste ano ao musicólogo Xesús Mato Mato, Fillo Predilecto do seu concello natal.

Destas primeiras 700 adhesións, 647 son individuais e 53 corresponden a Colectivos, Institucións, Asociacións ou empresas, das que se acompaña relación no arquivo adxunto. No segundo arquivo figura un breve curriculum de Xesús Mato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com