Pepón Nieto e María Barranco dan inicio a XVIII Mostra de Teatro Clásico

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua no Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentou hoxe as funcións da XVIII Mostra de Teatro Clásico que arrancará o vindeiro día 1 de febreiro cun dos seus pratos fortes: La Comedia de las Mentiras, protagonizada por Pepón Nieto e María Barranco.

A Mostra de Teatro Clásico inclúe durante o mes de febreiro seis obras de teatro e dous monólogos. Asemade, haberá un encontro co director de teatro Rodrigo Arribas e unha charla coloquio no Vello Cárcere o venres 23 de febreiro, xusto o día antes da presentación da súa obra El Rufián Dichoso, de Miguel de Cervantes. Todas as obras serán ás 20.30 horas

Basadre presentou tamén outras dúas programacións culturais que organiza por primeira vez o Concello de Lugo: Circo e Teatro para Público Familiar e Músicas Mesturadas. 

A primeira das programacións inclúe unha función circense ou de teatro para o segundo domingo de cada mes ata xuño. Entre as cabezas de cartel está Pistacatro, Elefante Elegante, Cirk about it, Asacocirco e Sarabela Teatro.

No segundo ciclo de actuacións, Músicas Mesturadas, o Concello ofrece concertos no Vello Cárcere do día 13 de xaneiro ata o 19 de maio a cargo de Fado Violado, Viviane, Zaruk e Tramontana, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo