Piden un fronte político contra a hipotética tourada de Sarria

A plataforma Galicia, Mellor sen Touradas pediu esta mañá unidade de acción nas diferentes forzas políticas presentes no Concello de Sarria para facer fronte común contra o intento de organizar unha corrida de touros nunha parcela privada da localidade.

Os abolicionistas lembran que só o Partido Popular, a través das súas propias estructuras, así como concelleiros, apoia o “desembarco” do lobby taurino no municipio despois de varios anos sen ningunha convocatoria deste tipo, onde as festas de San Xoán gozaron de actividades moi diversas sen terse resentido a afluencia de xente.

Para a plataforma o argumento “económico” empregado polos promotores do maltrato animal é, segundo a plataforma antitaurina, “falaz”; asemade sinalaron que o agasallo de entradas foi habitual nas últimas edicións, “sen esquecer as estupideces pasadas, como tratar de fletar un tren motorizado entre Sarria e Triacastela, en 2015, ou os intentos dos taurinos sobre O Páramo, desmentidos polos propio goberno local”.

Neste senso, Galicia, Mellor sen Touradas agradeceu a iniciativa do BNG para garantir que a Deputación de Lugo non apoie esta “macabra actividade” e enfatizan que o Concello de Sarria debe pór todos os obstáculos legais posibles, dentro da normativa vixente, para evitar que unha corrida de touros volva á vila “para fomentar a crueldade hacia os animais”.

Finalmente, os activistas consideran ” de traca” que unha persoa que goza dun exercicio de auténtica tortura con bóvidos se atreva a pedir “respecto” pola organización dunha actividade destas características nun municipio como Sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com