O PP do Brollón denuncia que “o chiringuito” construído polo Concello fai competencia aos negocios da vila

O PP de Pobra do Brollón advirte que “o chiringuito” construído polo Concello na área recreativa “fai competencia” aos negocios de restauración e de alimentación do núcleo urbano. Concretamente, segundo precisa o voceiro desta formación política neste municipio, Fernando Parada, son numerosas as queixas dos propietarios dos 5 bares e 3 supermercados, pois a instalación tamén ten á venda este tipo de produtos.

A este respecto, os populares denuncian “a mala planificación e previsión do alcalde”, xa que “tiña que ser consciente de que con este establecemento a economía dos negocios locais se vai ver mermada”. E é que é, precisamente, nesta época do ano, ademais, cando “estes establecementos teñen máis ingresos, pois son moitas as persoas as que nos visitan. O que é inconcebible é que un Concello impulse medidas que lles quiten gañancias aos veciños”, insiste Parada.

Con todo, o Partido Popular quere deixar claro, non obstante, “que a nós non nos parece mal que se dean novos servizos aos veciños e á cidadanía en xeral, o que si que cuestionamos é que non se vele por asegurar os existentes”.

Dende logo, o que non ten ningún sentido, defenden, é que o Concello faga competencia aos negocios que temos e ás familias que os rexentan. En cuestións coma esta, ao PP sempre nos van a ter en contra”, conclúe

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com