O PP certifica o caos de aparcamento ao que “os socialistas condenaron a Lugo”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirma que o seu grupo vén de constatar “o caos” que se vive na cidade para aparcar, tres anos despois de que Lara Méndez decidise suprimir a zona ORA. O popular percorreu durante case dúas horas as rúas do centro da cidade, a Avenida de Fontiñas e o barrio da Milagrosa, tres zonas nas que só atopou dúas prazas para aparcar o seu vehículo. Precisamente, un día no que Lugo se atopaban cuberto pola neve e no que a densidade de tráfico era menor da habitual e nun intre no que non era hora punta.

Antonio Ameijide certifica os problemas de mobilidade existentes en Lugo e que a diario sofren miles de lucenses dentro da campaña #LugoaExame, que os populares puxeron en marcha para chequear o estado da cidade e as graves deficiencias presentas no municipio.

Para o voceiro popular, Lara Méndez e o seu equipo de goberno “condenaron” a todos os lucenses a vivir esta situación como consecuencia de tomar decisións por “impulsos momentáneos” e non recapacitar as consecuencias dos seus actos. Ameijide recorda que a rexedora anunciou a supresión hai dous anos e medio e, naquel momento, asegurara que en oito meses Lugo tería un novo sistema de rotación de vehículos.

“A realidade amosa que Lara Méndez non ten ningún plan en materia de mobilidade. O que fixo foi condenar aos lucenses ao caos circulatorio e por mor dos seus actos está a causar danos irreparables aos comerciantes do centro da cidade e doutras zonas nas que estacionar os coches é misión imposible”, asegurou o popular.

Antonio Ameijide explicou que hai diferentes posibilidades para mellorar o tráfico no centro da cidade, como a proposta do Grupo Popular de apostar por un sistema gratuíto para a rotación de vehículos. O popular recorda ademais que Lara Méndez anunciou en marzo de 2017 a creación de 600 prazas de estacionamento en 7 aparcadoiros disuasorios, pero que aínda non se materializaron o que demostra, unha vez máis, que á alcaldesa “só lle interesa a foto” porque dende que anunciou os aparcadoiros disuasorios “nada máis se soubo”, o que evidencia que a rexedora é absolutamente incapaz de cumprir o que anuncia.

Antonio Ameijide lamentou tamén que a alcaldesa siga sen realizar a reordenación do transporte urbano en Lugo, unha medida que axudaría a paliar “en gran medida” os problemas de mobilidade que sofren os lucenses. Neste senso, o popular asegura que se de verdade os socialistas se preocupasen polos cidadáns “buscarían o consenso” con todos os grupos municipais para acadar un transporte urbano “para todos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com