Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP critica a tardanza do Concello para conseguir socorristas

“Lugo non terá socorristas no Miño ata agosto polo retraso do Concello na súa contratación”, así o denuncia Antonio Ameijide, voceiro do Grupo Municipal Popular, quen ademáis critica que o goberno local “intente desviar responsabilidades da súa neglixente actuación no tocante ao retraso na contratación de socorristas para o Miño”. Os populares censuran a actitude “irresponsable” dos socialistas que impiden que este servizo de vixilancia non se preste ata o vindeiro mes de agosto.

O voceiro Popular Antonio Ameijide aclara que “este ano o Concello presentou o 8 de xuño a solicitude de subvención para contratar a 6 socorristas e que tamén reclamou a contratación anticipada dos mesmos unha petición que autorizou a Xefa Territorial de Economía, Emprego e Industria con data 13 de xuño. Dende ese momento dende o Concello tiñan luz verde para iniciar os trámites de contratación que a día de hoxe seguen pendentes”.

O voceiro popular tamén criticou que o Concello agardase ata o último día do prazo de presentación das solicitudes para entregar a documentación. Ameijide indicou que “tendo en conta que o procedemento de concesión destas axudas é de concorrencia competitiva motivou a obriga de revisar e completar todas as solicitudes antes de valorar e adxudicalas. Finalmente a comisión de valoración, reunida o 12 de xullo, propón as novas concesións das axudas ao abeiro de dita ampliación de crédito, correspondéndolle ao Concello de Lugo 5 socorristas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com