O PP critica o “triunfalismo” de Lara Méndez ante “o fracaso” dos orzamentos

O  vicevoceiro do Grupo Popular, Enrique Rozas, replica ao “triunfalismo de Méndez” con respecto aos “que a rexedora cualifica de avances” nos orzamentos municipais. Para os populares trátase dunha “tomadura de pelo aos lucenses” que a alcaldesa tente vender como un éxito o que, para eles é un novo e evidente fracaso de xestión. Para os populares, a rexedora debería ruborizarse ante a pouca autocrítica dos socialistas.

“Este despropósito que vivimos no Concello a conta dunha alcaldesa reprobada, que perdeu unha cuestión de confianza permitírono os grupos da esquerda”, denunciou o vicevoceiro. Enrique Rozas criticou tamén a actitude dos grupos de esquerda “os seus monicreques neste sainete durante o último mes. O único que fixeron pola gobernabilidade do concello foi poñer, desde o minuto uno, trabas e liñas vermellas para presentar unha alternativa seria de goberno”, asegurou o viceportavoz do PP.

Os populares pregúntanse “a quen quere enganar agora a rexedora, con esta interpretación tan nesgada da realidade” e lémbranlle á alcaldesa que “non só foi incapaz de negociar os orzamentos, en tempo e forma, senón que tamén condena aos lucenses para estar sen orzamentos municipais como pronto ata abril”.

Enrique Rozas, utilizando un símil deportivo, comparaba a súa actitude “coa dun xogador de baloncesto que cun triplo, pisando a liña de 6.25 fóra de tempo pensa que anotou tres puntos e gañou o partido”. O popular tamén arremeteu contra os grupos da esquerda da corporación “neste partido os compañeiros de viaxe de Lara Méndez dedicáronse a bloquear sistematicamente ao Partido Popular sen deixarlle xogar o partido”.

O “engano que pretende vender” Lara Méndez é tal que “chega a crerse as súas propias mentiras”. Nos últimos días vén de anunciar que quere ser a alcaldesa que tire O Garañón, en cambio, as súas palabras non se corresponden cos seus feitos xa que “non destina nin un euro para este fin nos orzamentos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com