O PP denuncia que o Concello leva gastados 3 millóns de euros no servizo de Urbaser

A edil do Grupo Municipal Popular, Ana López Pombo, denunciou esta mañá que o Concello de Lugo leve gastados ao redor de 3 millóns de euros no servizo de limpeza de rúas e recollida de lixo que actualmente leva a cabo a concesionaria Urbaser, sen contrato en vigor dende o pasado 31 de marzo.

A concelleira popular criticou que “as rúas non están limpas de todo e nalgunhas zonas ata faltan os colectores do lixo”, a pesares, dixo, de que “a alcaldesa presume da vasoira de ouro”, o recoñecemento aos municipios que mellor xestionan a súa limpeza urbana.

A edil do PP quere que os socialistas incorporen algúns aspectos para que no prego de condicións, que se está a elaborar, se teñan en conta varios aspectos que a criterio do Grupo Popular son prioritarios para “que teñamos unha prestación de primeira”. Ana López Pombo explicou que para mellorar a limpeza en Lugo é necesario contar con persoal suficiente para desenvolver este traballo e, nese senso, os populares solicitan un reforzo aos 130 traballadores que hai, na actualidade.

A popular tamén fixo fincapé na necesaria renovación da flota de colectores xa que moitas das unidades teñen máis dunha década de uso e están obsoletos ou presentan numerosas deficiencias (numerosos colectores están sen tapa, non abren nin pechan ben). Tendo en conta que as reparacións teñen un custes de entre 150 a 300 € é o momento de cambiar estes recipientes.

Os populares tamén solicitan que se aumente o número de contenedores a repoñer por parte da empresa. Arestora a concesionaria tan só ten a obriga de substituir, de balde, 12 recipientes de carga lateral ao ano e 60 de carga trasera. Esta cantidade é insufiente dado que se estima que cada semana se quema un contenedor na cidade. Outro aspecto que hai que mellorar é o da limpieza dos colectores “hai que facer unha limpeza máis profunda tanto por dentro como por fóra, xa que hai problemas de malos cheiros e mala imaxen en xeral”.

A concelleira popular puxo como exemplo “do desbaraxuste que hai no servizo a situación de desprotección que hai no punto limpo do Ceao”. Nestas instalacións municipais todos os días se producen roubos do material que depositan os lucenses xa que “dende hai un ano hai un butrón no peche perimetral e, recentemente, a pechadura da porta principal está reventada”. A popular insistiu en cuestionar o horario do punto limpo que antes funcionaba de forma ininterrumpida e, arestora, pecha ao mediodía porque só hai un traballador malia que no contrato de Urbaser se especifica que debería haber persoal en xornada continua.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com