O PP denuncia que a desorganización do Concello retrasa a montaxe do Diversiarte

O Grupo Municipal do Partido Popular criticou a falta de respecto do goberno local coas entidades sociais que este ano participan no Mercado Solidario Diversiarte que está instalo na Praza Anxo Fernández Gómez. A concelleira Mari Teijeiro afirma que “os socialistas plantaron esta mañá aos que participan nesta feira navideña” xa que “os deixaron dúas horas na estacada sen proporcionarlles mesas para a montaxe e exposición das súas creacións e productos”.

A popular recalcou que “os afectados estiveron dende as dez e deica ás 12.00 horas nunha carpa baleira ata que chamaron ao concello reclamándolle o material para preparar a exposición”. Teijeiro explicou que “este olvido” provocou que se retrasase a inaguración, prevista para as 12.00 horas, ata a unha do mediodía.

Para o Grupo Popular esta situación é un reflexo da descoordinación e a desorganización da área de Servizos Sociais apuntando que hai uns días ocorreu un caso similar. A popular refírese á lectura do manifesto do día da discapacidade do pasado 1 de decembro na que “á hora da convocatoria para medios de comunicación e para entidades sociais non coincidía o que provocou que o manifesto se lera media hora antes de que chegasen os colectivos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com