O PP denuncia o “oscultismo” do goberno local coa Ordenanza de Convivencia

O vicevoceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denunciou hoxe que o goberno local “aínda non respostou” á solicitude formulada polo Grupo Municipal do PP para ter acceso a unha copia do borrador da ordenanza de convivencia, solicitude que “realizaron o pasado 21 de xullo, dous días despois de que a alcaldesa anunciase nunha rolda de prensa esta ordenanza para regular materias fundamentales para a convivencia na cidade”.

Enrique Rozas explicou que “non comprenden” por que o goberno local non quere “dar acceso ao borrador desa ordenanza, xa que estan lexitimados, aseguran, para poder estudar o seu contido”. O popular recordou a importancia desta normativa municipal, moi demandada por moitos veciños. Ademais, lembrou que a alcaldesa dixo durante a rolda de prensa na que anunciou esta ordenanza que nela se regulan materias como o servizo de aparcacoches, máis coñecido coma gorrillas e que afecta a diario a moitos lucenses na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti,
pintadas, actos contra o patrimonio ou a venda ambulante encuberta.

Por iso mesmo, Enrique Rozas lamentou que “xa son demasiados anos agardando por unha normativa municipal para regular este tipo de actividades, polo que se xa a teñen rematada o máis normal será consensuala e dala a coñecer para que entre en vigor o máis axiña posible”. Esta situación de atranco non é nova para os populares, xa que neste
caso, ao igual que con outras solicitudes e preguntas formuladas ao equipo de goberno, a ausencia dunha resposta é a contestación máis empregada polos socialistas. “Case sempre que o Partido Popular

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com