O PP pide a comparecencia de Daniel Piñeiro para aclarar futuro da Fábrica da Luz

O Grupo Popular no Concello de Lugo solicitará a comparecencia en pleno do concelleiro socialista Daniel Piñeiro para que clarifique a situación na que se encontra a concesión da Fábrica da Luz logo de coñecerse que houbo un retraso, por parte do goberno local, para solicitar a súa prórroga.

O voceiro popular advirte que “por mor deste desgoberno socialista, os lucenses nos poderíamos ver expostos a indemnizacións millonarias” responsabilizando a alcaldesa “por manexar o concello como o seu cortijo” e de permitir que o concelleiro de obras “antepoña os seus ideais aos intereses dos lucenses”.

Para os populares a situación na que se atopa este edificio “é un novo reflexo do abandono e a nefasta xestión municipal do goberno do PSOE que tamén, aquí, puxo en práctica o urbanismo á carta”. Antonio Ameijide considera “un despropósito que, logo de 18 anos, pola falta de ideas ou ben porque se pensaba noutros intereses os lucenses podamos ter que asumir unha nova indemnización” equiparando este caso co do Garañón.

Ameijide explicou que “un inmoble como este, incluído no catálogo de elementos protexidos e que ten unha situación privilexiada debería ser un activo, e non unha carga”. Dende o PP lamentan a situación na que se atopa a Fábrica da Luz lembrando como na época de Orozco-Liñares o canon da concesión que aprobou o goberno socialista era ridículo “regalaron por 450€, durante 38 anos, un patrimonio de todos”. Tamén detallou que se gastaron preto de 2M€ para recuperar, tanto o interior como o exterior do edificio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com