O PP propón un Modelo de Xestión de Calidade Total para solucionar “o caos” do Concello

O Partido Popular afirma que urxe implantar no Concello de Lugo un Modelo de Xestión de Calidade Total. O voceiro popular, Antonio Ameijide, explicou que o seu Grupo presenta, neste momento, esta iniciativa co obxecto de “poñer coto ao caos que vive a administración local e co ánimo de recuperar a reputación, credibilidade e imaxe do Concello de Lugo e que, unha vez superado o ecuador do mandato de Lara Méndez, é o momento de pasar á acción”.

Ameijide  suxire que se marque un prazo fixo para cada trámite e no caso de incumprimento que se resarza aos cidadáns polos danos ocasionados. Ese é un dos obxetivos da nova forma de xestión pública que queremos para Lugo “se un veciño ten que abonar un recargo porque paga fóra de prazo un recibo parece lóxico que o Concello debe dar exemplo e actuar da mesma forma cando a responsabilidade está nas súas mans” reflexionou.

“Non é unha proposta para quedar ben, é un método de traballo que busca a excelencia” explicando que “estamos falando dun Concello con máis de 600 traballadores, polo tanto, estamos falando dunha das principais empresas que ten a cidade e á que, lamentablemente pola incapacidade do goberno local, quédalle moito por mellorar en prestación de servizos” matizou o popular.

“O que queremos é establecer uns indicadores de calidade, medir o cumprimento dos obxetivos e a medida dos recursos utilizados” puntualizando que o obxectivo final deste modelo coñecido como EFQM é “a procura da excelencia na administración local que se traduce nunha mellora permanente e nunha innovación continúa froito dunha planificación”. “Aquí non vale a política de parches e os bandazos da alcaldesa” asegurou Ameijide.

Novas relacionadas

  1. Chachos
    Dec 13, 2017 - 01:12 AM

    Chacho, esa era boa para o día dos santos inocentes. O PP quere que se gestione a càlida sin ter gestionado unha Rpt. Queren contas de resultados, pero vailles ser que non, cobrar por oxetivos.. hai eso non lle sei pero en Lugo non lle ten pinta. Teñen propostas moi boas pero saben ustedes donde están? No Ayuntamiento de Lugo, cuna dos decretazos y te cambio porque me peta y si no me peta no te cambio. O portavoz Ameijide parece mentira que caiga nesas trampas que lle poñen, non ve que è todo papel mollado. Faga propostas factibles e non tantas porque os de Lugo xa non nos acordamos daa ideas de todos usteded fai unha semana. Sacan tanta informació que nos tolean. Neso son todos igual, parece que anduveran a competencia, haber hoxe quen di unha mais grande. O exceso de informaciòn cansa, cansa moito. E o peor e que de todas esas ideas que teñen, cantas se levan a cabo, ningunha. Relaxen un pouco e colaboren co goberno haber si así da mais proveito a Lugo. Fagano por esta ciudad que ben o merece e deixen de liar a madeixa

    Reply
  2. Hablar es gratis
    Dec 13, 2017 - 12:43 AM

    Como pretende el Pp gestionar la calidad del Ayuntamiento de Lugo sin una adecuación de la plantilla a la Rpt??? El Pp lo sabe, sin Rpt no se pueden conseguir los objetivos y cometidos que buscan.
    Satisfacer las necesidades de efectivos de las áreas prioritarias y/o deficitarias.
    Atender eficazmente la ordenación y gestión del personal, que no haya solapamiento de funciones.
    Distribuir los efectivos de acuerdo con el reparto real de funciones y cargas de trabajo.
    Finalmente, adaptar la relación de puestos de trabajo a las necesidades de efectivos, en número, estructura, cualificación y dedicación

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo