O PP propón unha cidade “máis amigable” coas mascotas

A concelleira do PP, Ana López Pombo, solicitou esta mañá en rolda de prensa, que o goberno local adapte a Ordenanza Municipal sobre protección e Tenza de animais, que se aprobou no ano 2008, á Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia que entrará en vigor o vindeiro día 3 de xaneiro.

A edil do Partido Popular manifestou que “a un mes vista deberiamos estar xa traballando en modificar esta ordenanza” matizando que hai varias cuestións que “é urxente cambiar e que demostrarían que Lugo está á altura de ser unha cidade máis amigable cos animais de compañía”.

Os populares propoñen eliminar, do artigo 5 apartado f da ordenanza municipal, o punto relativo ás mutilacións dos animais de compañía por razóns estéticas. Ana López Pombo explicou que “someter só por estética a unha operación quirúrxica as orellas ou rabos dun can é contrario ao que entendemos por benestar animal”.

Segundo se recolle na Lei Galega está prohibido practicar mutilacións aos animais incluídas aquelas cuxa finalidade sexa par manter caracterísitcas estéticas ou raciais (Artículo 9, punto h Prohibiciones genéricas) e só permite estas operacións por cuestións sanitarias diagnosticadas.

A concelleira do Partido Popular manifestou ademáis que no artigo 6 da ordenanza municipal sobre prohicións especiais hai varios aspectos que se deben revisar. No artigo 6, punto 1 se prohibe o acceso ao transporte público en Lugo pero dado que na nova Lei Galega non figura ningunha prohibición ao respecto, se eliminamos este punto da normativa municipal, estariamos “permitindo que os animais de compañía puidesen viaxar nos autobuses urbanos coas mesmas medidas que están establecidas para pasear pola rúa, é dicir, controlados con correa e os perigosos, ademais con bozal”.

No punto 2 deste mesmo artigo tamén se prohibe a entrada en establecementos de hostalaría onde se fabriquen, manipulen, almacenen, transporten e vendan productos alimenticios. O que pedimos, dende o Grupo Popular, tomando como base o punto 4 do artigo 9 da Lei Galega, é incorporar a posibilidade de deixar a criterio dos  propietarios dos hoteis, restaurantes e outros establecementos do sector a entrada e permanencia de animais no seu interior. O único requisito é colocar un distintivo que identifique que se permite a entrada a animais de compañía. López Pombo tamén insta a eliminar o punto 3 do artículo 12 da Ordenanza sobre a eutanasia de animais abandonados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com