O Presidente da Deputación participa na Feira do Mel de Muras

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto co Deputado de Turismo Eduardo Vidal e outras autoridades, participou este domingo na Feira do Mel de Muras, coa que colabora o Goberno Provincial cunha achega económica de 3.000 euros, para poñer en valor os produtos autóctonos e contribuír a desestacionalización do turismo na provincia lucense, como unha das liñas do Plan Estratéxico de Turismo.

 Esta terceira edición da feira de Muras, que se desenvolveu durante a fin de semana, contou cun total de 11 expositores que, ademais do mel, puxeron á venda produtos autóctonos e de tempada, como queixos, castañas, empanadas ou licores, entre outros moitos. Os asistentes puideron observar a extracción de resina da man de Francisco Domínguez e a cata de mel elaborada polos participantes no concurso de calidade da mel. O experto en Química Orgánica Xesús Feás realizou un simposio sobre a apicultura e o potencial desta explotación na Comarca de Muras. Co fin de fomentar outros produtos autóctonos, celebrouse tamén unha degustación gratuíta de lacón e finalmente, a Feira do Mel finalizou cunha actuación musical.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo