O PSOE considera unha “burla os 3 millóns para o mantemento de estradas estatais”

Os socialistas da provincia de Lugo consideran que “o Partido Popular se está a burlar unha vez máis dos lucenses” co anuncio de 3 millóns de euros para “tapar baches” nalgúns treitos de estradas estatais cando nos Orzamentos do Estado de 2016 e 2017 figuran polo menos máis de 20 millóns de euros para o seu mantemento. Así o manifestaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada Socialista no Congreso pola Provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz, tras as declaracións do Ministro de Fomento e de contrastar as partidas económicas definidas nos presupostos do Executivo Central.

Pérez Herraiz explicou que no Orzamento do Estado de 2016 figuran 8 millóns de euros para a conservación das estradas nacionais na provincia de Lugo e 1.145.000 euros especificamente para a A-6. No Presuposto de 2017, hai outros 10,3 millóns para o mantementos das vías estatais no conxunto do territorio lugués e outra partida de 1.145.000 euros, a mesma que no exercicio económico anterior, para a A-6. “Polo tanto, hai consignados cando menos máis de 20 millóns de euros, que se o PP á fronte do Goberno Central houbese tivo a vontade política de executalos as estradas estatais na nosa provincia non estaría na situación de abandono na que hoxe de atopan. Que non mintan e que non achaquen o estado das estradas ao tempo. Se están así é pola súa desidia coa nosa provincia”, salientou Pérez Herraiz.

Santos Ramos engadiu que os 3 millóns de euros “son unha limosna que nos vén a dar o Partido Popular, pretendendo por en riba que os lucenses lles deamos a noraboa ou esteamos satisfeitos, cando debería ter executados dende o Executivo estatal obras de conservación de máis de 20 millóns”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com