Representación teatral da obra “Teresa o el sol por dentro” no Gustavo Freire

Producciones El Brujo achega mañá mércores, tras ser aprazado por motivos de saúde de Rafael Álvarez, El Brujo, ao Auditorio Municipal Gustavo Freire a súa obra Teresa o el sol por dentro, dentro do programa da XVI Mostra de Teatro Clásico organizado polo Concello. Trátase dun espectáculo basado nun recital sobre as notas sostidas dun só instrumento, un violín.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, convidou aos lucenses a gozar deste espectáculo de poemas que inclúe un toque de humor. Os interesados a asistir a esta representación poden adquirir a súa entrada na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. Todos os que tiñan a entrada para a función aprazada poden asistir coa mesma, xa que é válida.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com