Rozalén, Hombres G e SonDeSeu, primeiros nomes para o San Froilán 2018

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá os primeiros nomes para o San Froilán 2018, que contará no seu cartel coa cantautora e compositora Rozalén, e a
banda de pop rock Hombres G. A orquestra de música folk e tradicional SonDeSeu, considerada a primeira destas características de Galicia tamén formará parte da programación das festas patronais deste ano, declaradas de Interese Turtístico Galego e Nacional.

Fíxoo tras a reunión da Comisión de Festas, que se celebrou na Casa Consistorial, na que a edil tamén avanzou as datas do recinto feiral, do 3 ao 14 de outubro, sendo o sábado 13 e domingo 14 os días especiais para os nenos e nenas; e as datas de apertura das casetas do polbo, do 3 de outubro ao 4 de novembro. O feiral poderá comezar a montar a partir do 29 de setembro.

Entre outros asuntos, na xuntanza tamén se falou de fixar unha data para o asentamento das caravanas dos feirantes en Garabolos. Así mesmo, emprazouse á seguinte reunión para a proposta de pregoeiro ou pregoeira e oferente a Rosalía de
Castro.

Tamén tivo lugar a Comisión de Festas do Arde Lvcvs, onde Carmen Basadre avanzou a situación dos pregos referidos á contratación da producción e á seguridade nestes festexos, valorados nuns 58.596 e 17.000 euros, respectivamente.Así mesmo, a Concelleira informou do cambio de ubicación das asociacións de recreación histórica que formaban a Castra de Lucus Augusti, situada no Carril dos Fornos. Nesta nova edición distribuiranse polo Parque de Rosalía, a Praza Anxo Fernández Gómez e o aparcadoiro do seminario. Na mesma liña, os restaurantes trasladaranse todos á Praza de Bretaña.

No Arde Lvcvs, como vén sendo habitual, participarán todos os grupos de teatro de Lugo, tanto con obras propias como dirixindo unha actuación para a inauguración destes festexos, que terán lugar os días 15, 16 e 17 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com