As rúas da cidade e o Gustavo Freire acollen a VI Semana da Danza de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada provincial de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, a directora do Conservatorio de Danza de Lugo, Isabel Méndez, a vicedirectora do conservatorio, Reyes González, e o representante das escolas de danza de Lugo, Xavier Iglesias, presentaron hoxe a VI Semana da Danza, que se celebrará do 25 ao 30 de abril no Auditorio Municipal Gustavo Freire e na rúa.

Na presentación, Carmen Basadre amosou a súa satisfacción porque “este evento permite que a cidade viva durante uns día a danza e que a cidadanía goce coñecendo todo o traballo que se está a facer dende o Conservatorio de Danza, as escolas de danza da cidade e o Conservatorio de Música, que tamén colabora”.

Pilar García Porto agradeceu “a organización de este certame por parte do Concello e do Conservatorio de Danza, para achegar esta disciplina artística a toda a poboación tanto da cidade como da provincia”. Pola súa banda, Isabel Méndez e Reyes González explicaron que esta iniciativa, que se está realizando co apoio do Concello, permite crecer cada ano no número de escolas de danza participantes; ao tempo que deron a coñecer o programa.

Finalmente, Xavier Iglesias tamén agradeceu a organización deste evento, que pretende levar a danza a outros espazos non convencionais, e animou a toda a cidadanía a que asista ás distintas actuacións programadas. O certame comezará o vindeiro martes, 25 de abril, ás 20:30 horas, coa posta en escena de Moendo Muiñeiras de Merlo Branco Producións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo