Sae á luz o Boletín número XV do Museo Provincial

O Deputado Provincial Pablo Rivera Capón, presentou hoxe no Refectorio do Museo Provincial a edición número XV do Boletín do Museo Provincial da Rede Museistica, que comprende os anos de investigación 2012-2018. Trátase dunha publicación para dar a coñecer traballos de investigación sobre os diferentes fondos e coleccións existentes no Museo Provincial. No acto estiveron presentes a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, a Xerente da Rede Museística da Deputación, Encarna Lago, ademais dos colaboradores deste documento.

Rivera Capón explicou que nesta nova edición “recóllense traballos de investigación sobre arte, historia, etnografía, arqueoloxía, artes visuais, etc., preferentemente sobre a provincia de Lugo, e que comprende os anos de investigación 2012-2018”.

O Deputado sinalou que este Boletín “é un medio aberto a investigadores noveis co fin de dar unha saída, no eido da investigación, aos seus traballos. Ademais tamén se realiza o intercambio, xa que funciona como heraldo da Rede Museística con outras institucións análogas, a través da Biblioteca do Museo permútase con máis de 350 publicacións semellantes, unha boa parte de máis alá das nosas fronteiras”.

Rivera Capón remarcou que “esta nova edición do Museo Provincial de Lugo xa se converteu nunha obra de referencia pola súa calidade, e acadou a categoría de revista científica, xa que cumpría con todos os requisitos para ser considerada como tal: Comité de Redacción, Comité Científico, colaboradores de prestixio, artigos orixinais con resumo en tres idiomas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com