Setembro en Lugo vai de teatro afeccionado

O teatro afeccionado chega a Lugo da man de Achádego Teatro co Circuíto Galego de Teatro Amador 2018. Así o presentaron hoxe Tareixa Campo e Suso Meilán, directora e membro da compañía organizadora xunto a edil de cultura do Concello de Lugo. No acto, os membros de Achádego Teatro adiantaron as obras que acollerá o Auditorio Municipal Gustavo Freire neste mes de setembro. Concretamente son 4 representacións, 3 comedias e unha de memoria histórica.

No acto de presentación, a concelleira puxo o acento nesta programación, toda ela en lingua galega, dos amantes naturais do teatro e na dinamización que lle dá ao Auditorio Municipal. Así mesmo, a edil aproveitou a ocasión para loubar o bo nivel de teatro co que contamos na cidade, e ao traballo que leva Achádego.

Pola súa banda, Tareixa Campo agradeceu ao Concello “pola excelente acollida que lle da ao Teatro Amador”; ao tempo que puxo en valor a calidade artística e as montaxes das compañías que participan, que veñen dende Vigo,
Pontevedra, O Barco de Valdeorras e a Coruña, e que ofrecerán obras con contido social. Nesta liña insistiu Meilán, quen enmarcou a organización destas actuacións na programación do seu 30 aniversario. Para rematar quixo facer un chamamento a encher o auditorio.

As representacións comezarán este sábado, 8 de setembro, coa obra Fuga, a cargo de Gargallada Teatro. Ao día seguinte, o 9 de setembro, será a quenda da compañía O Trasno, que representará En Venda. O sábado, 15 de setembro, Avelaíña Teatro traerá a Lugo A ópera de patacón. Finalmente, o domingo 16, péchase con Paso de Valverde poñendo en escena Ás portasTodas as sesións terán lugar ás 20:00 horas e están dirixidas a un público de máis de 12 anos. O prezo das entradas é de 2 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com