A SICA homenaxeará a Victoriano López García

O libro homenaxe Cine Mondoñedo, será presentado mañá, día 22 de setembro, ás 18.00 horas no salón de actos da Deputación de Lugo polos organizadores da Semana Internacional do Cine de Autor de Lugo. Farao como homenaxe da SICA de Lugo ao mindoniense Victoriano López García.

Xusto despois, terá lugar a proxección da película Una cubana en España, contemplada en cartel. No acto homenaxe participarán, entre outros, o mindoniense Fran Bouso, e os irmáns de Victoriano López García. Ademais, todos os asistentes recibirán un exemplar do libro homenaxe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com