A Sociedade Filarmónica realizará en Lugo once concertos durante esta tempada

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre Vázquez, e o Secretario da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz Núñez, presentaron este mércores a nova programación da temporada 2016/2017 de Concertos da Sociedad Filarmónica de Lugo.

En total realizaranse 11 concertos durante toda a tempada no Círculo das Artes. A cota mensual para os socios é de 11 euros. As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes. As altas de socios na Sociedade Filarmónica de Lugo pódense facer no filarmonicadelugo@gmail.com.

Programación 2016/2017

Todos os concertos terán lugar no Círculo das Artes ás 20:00 horas

Outubro

– O 28 de outubro, Real Filharmonía de Galicia (Christph König, Director). W. A. Mozart: Sinfonía nº 31 en Re maior "París", G. Fauré: Suite Masques et Bergamasques, op. 112 e F. Schreker: Sinfonía de cámara.

Novembro

– 11 de novembro, Jianing Kong, piano (3º Premio do Concurso de Piano de Santander Paloma O´Shea 2015). Obras de Beethoven e Chopin.

Decembro

– 12 de decembro, Zoar Ensemble. Programa conmemoración IV Centenario Cervantes/ Shakespeare.

– 18 de decembro, Banda Filarmónica de Lugo.

– 21 de decembro, Ana María Valderrama (violín) e Luis del Valle (piano). A única gañadora española do Premio Sarasate. Obras de Schumann, Saint-Saëns, Sarasate, Dubois e Chopin.

Xaneiro

– 12 de xaneiro, Signum Quartet (Alemania). Obras de Schubert e Beethoven.

Febreiro

– 13 de febreiro, Isabel Villanueva (viola) e Andrey Yaroshinsky (piano). Premio Ojo Crítico de la Música Clásica de RNE 2015. Obras de Enesco, Prokofiev, Martinu, Stravinsky, Liszt, Granados e Hahn.

Marzo

– 6 de marzo, Mario Prisuelos (piano). Adalid, o piano romántico.

– 31 de marzo, Ensemble Praeteritum. Pablo Suárez Calero (violín). Os concertos para violín de W.A. Mozart.

Abril

– 29 de abril, Orquestra VIGO430. David Grimal (violín) e Vicente Alberola (Dirección). Sibelius: Concerto para violín/ Rimski-Kórsakov: Scheherezade.

Maio

– 12 de maio, Orquetra VIGO430. Guillermo Pastrana (violonchelo) e Vicente Alberola (Dirección). Obras de R. Schumann e R. Strauss.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com