O teatro chega a Palas de Rei, da man conxunta de Deputación e Concello

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Tenente de Alcalde de Palas de Rei, Amando Sande Agra, presentaron esta tarde, na Casa da Cultura do municipio, Teatrando co… Obradoiro de Palas. Trátase dun obradoiro de teatro, no que participarán máis de 100 rapaces, que organiza o Concello de Palas de Rei coa colaboración do Executivo Provincial. As clases estarán impartidas polos grupos de teatro afeccionado Alentía Teatro Metátese Teatro. O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora desta cita cultural cunha achega económica de 5.000 euros, dentro da súa aposta pola dinamización económica e social do rural, levando actividades, de balde, durante todo o ano.

Santos Ramos subliñou que “con esta iniciativa buscamos fomentar entre os rapaces as artes escénicas e potenciar o teatro como un elemento de transmisión cultural, que dinamiza a lingua galega e impulsa a actividade lúdica e social da nosas vilas. Esta colaboración enmárcase dentro da nosa aposta por fomentar a actividade cultural e dinamizar a economía deste concello da Comarca da Ulloa. Pois dende do o Executivo Provincial consideramos que este tipo de citas, que reúnen a un importante número de persoas, son fundamentais para dar a coñecer e poñer en valor cada recuncho da nosa provincia, ao tempo que ofrecemos programacións de actividades, totalmente gratuítas, durante todo o ano.”

Os máis de 100 participantes, de entre 4 e 18 anos, realizarán xogos e obradoiros diarios de teatro, caracterización de personaxes, improvisación, vestiario, danza, música e ritmo. Tamén recibirán clases de expresión oral, corporal e empregarán material audiovisual co obxectivo de fomentar a súa creatividade e o traballo en equipo. Como colofón a esta actividade, os rapaces estrearán os seus espectáculos durante o Festival de Teatro Escolar

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo