Tres persoas feridas nun accidente en Ribadeo

Os tres ocupantes dun turismo resultaron feridos esta mañá despois de sufrir un accidente en Ribadeo. O vehículo no que viaxaban circulaba pola A-8, á altura de Vilaframil cando, por causas descoñecidas, saíuse da vía. Ante a posibilidade de que os ocupantes puidesen estar atrapados, o 112 Galicia decontado, puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros. Tras chegar ao punto, os membros do parque comarcal indicaron que foi preciso romper unha porta e cristais do vehículo para que os servizos sanitarios puidesen evacuar aos feridos.

Nada máis recibir o aviso do persoal sanitario, ás 10:00 horas de hoxe, os profesionais do 112 Galicia ademais de alertar aos Bombeiros, solicitaron a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil da localidade

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo