Último obradoiro de artesanía na Sede Afundación de Lugo

Afundación ofrece o último dos obradoiros de artesanía organizados na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) como complemento á exposición fotográfica Oficios entre lusco e fusco, de Xosé Abad, exposta actualmente nese espazo.

Deste xeito, mañá sábado a2 de decembro, entre as 17.00 e as 20.00 h, impartirase un obradoiro de cestería. Estará dirixido por Carmen Fieiras, unha artesá lucense que atesoura máis de 15 anos de experiencia impartindo este tipo de talleres a público tanto adulto como infantil. Fieiras domina a técnica tradicional da cestería con vimbio, pero tamén experimenta e innova tinguindo outros materiais como medula de rotén para crear pezas de grande atractivo visual. O feito de pertencer a unha nova xeración de artesás e artesáns demostra que este oficio e as súas múltiples revisións aínda teñen moita vida por diante.

Este programa perseguía o obxectivo de dar a coñecer os oficios tradicionais galegos e incluía un obradoiro de olaría e torno cerámico e outro de cestería. Os obradoiros están dirixidos a todo tipo de público, tanto familiar como infantil e adulto. Non é necesario a inscrición previa e a entrada e saída dos mesmos será libre, permanecendo na actividade o tempo que cada asistente considere preciso dentro do horario previsto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo