Un colector xigante na Praza Agro do Rolo explica como reciclar adecuadamente

Un colector amarelo xigante está exposto durante toda a semana na Praza Agro do Rolo, actuando de expositor efémero para explicarlle á cidadanía luguesa como separar os residuos e reciclar adecuadamente en cada colector e así superar o reto Recicla, Respira e Supérate, posto en marcha pola entidade Ecoembes, co que colabora o Concello.

Esta acción de impacto na rúa desenvólvese simultaneamente en 15 concellos galegos, co obxectivo último de facer da reciclaxe un hábito continuado entre a poboación. A premisa do reto é que os concellos particiantes melloren, cando menos, un 10% a porcentaxe de achega que fixeron ao colector amarelo no mesmo período do ano anterior. Deste xeito conseguirán un premio de 2.000 euros para dedicar a unha causa social, que no caso de Lugo, irá á Asociación Magrebí para a Integración, tras a proposta do Goberno.

Xunto con Lugo participan Santiago, Ferrol, Narón, Ribeira, Boiro, Monforte de Lemos, Viveiro, Vilalba, Ourense, O Barco, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Redondela e Marín, municipios escollidos polo impacto e representatividade, sumando entre todos preto de 700.000 habitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo