Un menor, evacuado ao HULA, tras ser alcanzado por un vehículo na Rúa das Fontes

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron esta tarde a un menor atropelado por un turismo na Rúa das Fontes, en LugoO cativo foi trasladado ao Hospital da cidade despois de recibir os primeiros coidados no lugar do accidente, fronte ao Instituto Ánxel Fole.

A alerta sobre este suceso saltou ás 18.00 horas no 112 Galicia a través da chamada dun veciño que pedía axuda urxente para o menor, polo que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediuse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que xa tiñan coñecemento do suceso e enviaban medios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com