Un menor resultou ferido tras caer dun cuarto piso en Monforte

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron con vida a un menor que caeu desde un cuarto piso en Monforte.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o suceso rexistrouse preto das nove da noite pasada, cando o cativo caeu á rúa desde unha fiestra situada no cuarto andar dun edificio da Rúa Duquesa de Alba.

Así, tras recibir a chamada de alerta de varios particulares, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxéronse en contacto cos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron ao punto un equipo para o traslado do menor ao centro hospitalario de referencia.

Tamén se informou aos axentes da Policía Autonómica e da Policía Nacional con fin de esclarecer as circunstancias que rodearon este suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com