‘Unha mirada de antano’ chega a Monforte con Afundación e Abanca

O Espazo +60 Afundación de Monforte de Lemos acollerá mañá, mércores 11 de outubro, ás 20.30 h, a inauguración da exposición ‘Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson’. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Monforte de Lemos, ABANCA e Afundación e ao acto de inauguración, que inclúe unha visita guiada, acudirán o alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé Roca; o director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Ourense e Lugo, Alberto López; a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; e a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Monforte de Lemos, Carlota Álvarez.

Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. A devandita exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o 5 de novembro, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00 h.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo