Unha muller resulta intoxicada con gas butano na súa casa en Chantada

Unha muller de avanzada idade tivo que ser trasladada a un centro hospitalario ao intoxicarse con gas butano na súa casa en Chantada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a señora caeu mentres cociñaba e quedou o gas aberto. Os feitos tiveron lugar na parroquia de Pedrafita, en Paracostoira.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do 061-Urxencias Sanitarias ás 16:25 horas. Os profesionais sanitarios indicaron que, cando chegaron ao inmoble para atender á muller, detectaron un cheiro moi forte a gas. Acto seguido procederon a pechar a subministración e levaron a cabo as medicións, que deron negativas cando se dispoñían a trasladar á señora.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros da localidade, á Garda Civil, a Protección Civil e á empresa subministradora do gas.

A dotación comprobou de novo as medicións, que resultaron negativas. Finalmente, os membros do parque comarcal ventilaron a vivenda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo