Unha nova área de autocaravanas estará dispoñible en Lugo para o Arde Lucus

A alcaldesa de Lugo e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas supervisaron hoxe o inicio das obras impulsadas polo Goberno local a través do Plan de Barrios para o acondicionamento dunha nova área para autocaravanas na cidade, ao carón do MIHL. Cun investimento de preto de 7.300€, este espazo terá tres prazas de estacionamento cun punto de servizos.

As obras comezaron hoxe e estarán finalizadas o vindeiro venres, día 15, polo que a área estará dispoñible para as festas do Arde Lvcvs. Deste xeito, durante os días nos que estea ocupada a explanada do Pavillón Municipal dos Deportes, como ocorre durante a celebración das festas do Arde Lvcvs e o San Froilán, os usuarios poderán empregar este novo punto.

Con esta actuación, o Goberno dá resposta á demanda realizada pola Asociación Galega de Autocaravanas. A cidade contará deste xeito cun total de tres puntos para o estacionamento deste tipo de vehículos, xa que este novo súmase aos dous existentes na explanadas do Pavillón Municipal dos Deportes.

Trátase da segunda obra que o Executivo pon en marcha no marco do Plan de Barrios, tras a licitación onte mesmo da reurbanización da rúa Torre de Doncos, nas Gándaras, que conta un orzamento de 176.000€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com