Unha persoa perde a vida nun accidente na N-640 en Lugo

Un choque no que se viron implicados tres vehículos saldouse cunha persoa falecida esta mañá . O accidente tivo lugar na N-640, concretamente no punto quilométrico 81, no término municipal de Lugo.

Varios particulares alertaban do sinistro ao 112 Galicia pasados uns minutos das 8:50 horas. Nese momento, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas e Garda Civil de Tráfico. O 112 informou do ocorrido, tamén, aos Bombeiros de Vilalba e aos Bombeiros de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com