Unhas 4.000 persoas gozan da mellor música co II Festival Blues Museum

Preto de 4.000 persoas presentáronse na praza da Soidade para gozar do II Festival Blues Museum que organizaron a pasada fin de semana os gobernos da Deputación e o Concello. Trátase da segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto. Ese foi o balance que fixo a titular de cultura provincial, quen cualificou “esta cita musical como un éxito rotundo, que reuniu na cidade a preto de 4.000 persoas que se achegaron á capital da provincia con visitantes de distintos lugares do territorio nacional, convertendo a Lugo na capital do blues”.

A Deputada lembrou que participaron nesta edición as novas promesas deste repertorio así como bandas lexendarias, chegadas de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.

“Outro dos éxitos deste festival foi a masterclass que impartiu nos Xardíns do Museo Provincial, o guitarrista de Liverpool Laurence Jones, considerado o Mellor Guitarrista Europeo. Todos os participantes que asistiron a este encontro comprobaron en primeira persoa a calidade humana e artística deste premiado músico”, sinalou.

A Deputada remarcou que citas como o Blues Museum “sitúan á provincia de Lugo na axenda cultural de Galicia, ao tempo que contribuímos a poñer en valor os nosos recursos turísticos, dende a gastronomía ata o noso prezado patrimonio cultural, artístico ou etnográfico”.

Ademais, lembrou que o Goberno da Deputación promoveu na pasada anualidade 278 actividades culturais na provincia, nun total de 55 Concellos. Unha programación que contribuíu a realizar iniciativas relacionadas coa música, o baile , premios, así como festivais en todos os recunchos da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com