O Valadouro presenta o seu XII Mercado de Primavera

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde do Concello do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, e o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao González, presentaron hoxe no Pazo de San Marcos, a XII Edición do Mercado Tradicional da Primavera do Valadouro que se celebrará os días 23 e 24 de marzo, no que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 6.000 euros. O Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila.

García Porto avanzou “que nesta cita participarán preto de 90 postos con toda clase de produtos autótonos, como mel, pan, empanadas, embutidos, así como outro tipo de stands con outro tipo de mercadorías como roupa, calzado ou artesanía. Polo tanto, esta cita é unha oportunidade única para visitar a Mariña Lucense, e ao mesmo tempo desfrutar un Mercado tradicional con todo tipo de eventos como o desfile de zocas, a ruta de tapas ou os xogos tradicionais”.

O Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda agradeceu a colaboración da Deputación e convidou a todos os visitantes a achegarse á vila nestas datas para vivir unha auténtica festa tradicional de antano, nun enclave único como é o Valadouro. Ademais avanzou que haberá “novidades como a exposición sobre os zoqueiros do Valadouro, de Pepe Blanco, que estará na Casa da Cultura entre o 23 de marzo e o 27 de abril, e a representación de oficios tradicionais con demostracións de ferreiros, zoqueiros ou artesáns”.

O Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao, sinalou “que un dos pratos fortes do Mercado será o xa famoso desfile tradicional de zocas, zocos e roupa tradicional, no que participarán todas as categorías. A xornada rematará co concerto na Praza da Banda da Balbina, e co primeiro Zocan´roll do Valadouro, co mítico grupo galego Astarot”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com