Victoria do Club Deportivo Lugo e do Ribeira Sacra Breogán mentres o Prone Lugo presenta concurso voluntario de acreedores

Na crónica deportiva desta fin de semana, victoria do Club Deportivo Lugo ante o Club Atlético Osasuna 2-0, no estadio El Sadar. Provisionalmente, os lucenses son décimos con trinta e catro puntos.

Pola súa banda, Ribeira Sacra Breogán segue colíder trala súa vitoria do sábado ante Melilla Baloncesto. O equipo lucense ten os mesmos triunfos que Burgos e COB, e sitúa aos lucenses na terceira posición, aínda que o COB descansará na próxima xornada na que os celestes visitarán ao Clínicas Rincón e o Ford Burgos recibirá á Unió Financiera Oviedo.

Por último, Prone Lugo, que perdeu 9-1 diante do Barcelona, ven de presentar concurso voluntario de acreedores cunha débeda de 1.2 millóns de euros.
A maior parte da débeda corresponde a impagos a 25 xogadores do clube lucense, aínda que tamén figuran varios acreedores e dúas entidades bancarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com