Visitas guiadas e actuacións musicais, no Día Internacional dos Museos

A titular de Cultura no Concello de Lugo, deu a coñecer esta mañá as actividades que organiza o goberno local para
conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o venres 18 de maio. A programación consistirá na realización de visitas guiadas, a ampliación dos horarios dos museos municipais e actuacións musicais.

A edil animou a participar a todos e todas os lucenses nestas actividades e ademais convidou á veciñanza a que “axude a visibilizar e poñer a énfase no patrimonio e os museos da cidade a través da campaña en redes sociais”.

Co fin de dar unha maior visibilidade a rede de museos municipais e o patrimonio de Lugo a través das novas tecnoloxías, ao longo desta fin de semana todas as persoas interesadas poden subir unha fotografía ou vídeo do patrimonio de Lugo ou ben dos museos do Concello coa etiqueta #LugoÉMundial e #IMD2018 (etiqueta que se usará a nivel mundial para promocionar as actividades deste día).

A temática que envolve esta campaña xirará entorno aos Museos Hiperconectados: enfoques novos, públicos novos, co fin de que a través dos hashtag, podamos hiperconectar os museos de Lugo cos do resto do mundo. Para máis información as persoas interesadas poden consultar a Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, número 11 ou no teléfono: 982 251 658.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo