Xornada da Evega para usar tecnoloxías do frío na elaboración de viños

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) da Xunta, organiza o vindeiro 22 de marzo as primeiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018, que levan por título o “Uso do frío na elaboración de viño. Innovacións e tendencias”. Esta desenvolverase no centro sociocultural de Sober (Lugo) en xornada de mañá e nela colaboran o Concello de Sober, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Fundación Juana de Vega e o Instituto Galego da Calidade (Ingacal).

Na industria vitivinícola úsase a maceración en frío dos bagos denantes do prensado (maceración pedicular) para obter mostos máis ricos en aromas a partir dos compoñentes que están na pel, un método especialmente importante en castes aromáticas como as galegas. A refrixeración durante este proceso de maceración faise para atenuar a extracción de compostos fenólicos. Cada caste ten un tempo óptimo de maceración estimándose entre as 9 e as 12 horas. Pola súa banda, a conxelación na vendima a temperaturas comprendidas entre os -3 e os -6 ºC produce concentración de azucre no mosto, ademais de mellorar o contido en aromas varietais do produto final.

Os obxectivos desta xornada pasan por establecer un foro no que se amplíen os coñecementos sobre a tecnoloxía do frío aplicada á industria alimentaria; profundar no coñecemento das elaboracións de viños con base na utilización do frío; coñecer a importancia do uso do frío para mellorar a calidade aromática do viño e, en derradeiro lugar, aprender a diferenciar entre os viños de xeo, os crioconcentrados e o criomacerados.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), organiza o vindeiro 22 de marzo as primeiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018, que levan por título o “Uso do frío na elaboración de viño. Innovacións e tendencias”. Esta desenvolverase no centro sociocultural de Sober  en xornada de mañá e nela colaboran o Concello de Sober, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Fundación Juana de Vega e o Instituto Galego da Calidade (Ingacal).

Na industria vitivinícola úsase a maceración en frío dos bagos denantes do prensado (maceración pedicular) para obter mostos máis ricos en aromas a partir dos compoñentes que están na pel, un método especialmente importante en castes aromáticas como as galegas. A refrixeración durante este proceso de maceración faise para atenuar a extracción de compostos fenólicos. Cada caste ten un tempo óptimo de maceración estimándose entre as 9 e as 12 horas. Pola súa banda, a conxelación na vendima a temperaturas comprendidas entre os -3 e os -6 ºC produce concentración de azucre no mosto, ademais de mellorar o contido en aromas varietais do produto final.

Os obxectivos desta xornada pasan por establecer un foro no que se amplíen os coñecementos sobre a tecnoloxía do frío aplicada á industria alimentaria; profundar no coñecemento das elaboracións de viños con base na utilización do frío; coñecer a importancia do uso do frío para mellorar a calidade aromática do viño e, en derradeiro lugar, aprender a diferenciar entre os viños de xeo, os crioconcentrados e o criomacerados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo