Xornada de cine ao aire libre mañá no CEI-NODUS

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, anunciou unha xornada de cine ao aire libre mañá xoves, 3 de agosto, no patio exterior do CEI-NODUS. Proxectarase a película La Red Social, dirixida por David Fincher, na que se pon de manifesto a importancia da redacción dun pacto de socios antes de iniciar unha actividade empresarial, e máis aínda, cando os socios son amigos. Gravada con tintes emocionais e con humor inesperado, esta película relata a creación de Facebook e as loitas pola propiedade que se desencadenaron tras o éxito imparable desta rede social. O filme é testemuña do nacemento dunha idea que cambiou radicalmente a estrutura social e que acabou coa amizadade dos seus creadores.

Trátase dunha actividade de motivación organizada no marco da segunda fase do plan de plan de apoio gratuíto ao emprendemento Inicia Coworking, impulsado polo Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI), que ten como finalidade impulsar a creación de sinerxias e canles comunicativas innovadoras entre as persoas emprendedoras así como establecer as bases para a creación dun ecosistema emprendedor basado en economías colaborativas. A proxección da película, que está aberta á participación do público en xeral, terá lugar a partir das 22:00 horas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com