Xornada informativa de ALCER dirixida aos enfermos renais da provincia

O Presidente da Deputación, Darío Campos, o Xefe Territorial de Presidencia da Xunta, Ramón Carballo e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto coa Presidenta de ALCER Lugo, María José Otero inauguraron este domingo a XI Xornada Renal que organiza ditá asociación.

Está xornada está dirixida aos doentes de enfermidade renal e nela participaron cirurxiáns, biólogos, farmacéuticos e nefrólogos da provincia de Lugo, que trataron temas como a hemodiálise domiciliaria portátil, os novos tratamentos e investigacións. Deputación e Concello colabora anualmente con ALCER Lugo cunha achega económica de 7.500 euros para colaborar coa enorme labor que presta esta asociación.

Campos Conde subliñou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 30.000 persoas, o que supón o 10% da poboación lucense. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

ALCER LUGO

A Asociación para a loita contra las enfermidades renais de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que se constituíu no ano 1981, e que posúe máis de 450 socios. ALCER LUGO posúe unha oficina e sala de reunións, ademais de contar con varios profesionais, como unha psicóloga, unha administrativa e varios voluntarios. A súa función principal é a de ofrecer información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I.R.C.); acompañamento e apoio nas diferentes etapas do tratamento; asesoramento laboral, legal, nutricional e psicosocial individualizado; e colaborar coa Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. Ademais de prestar estes servizos, organizan ao longo do ano actividades para mellorar a calidade de vida dos doentes, como obradoiros de cociña, manualidades ou exercicio físico, así como campañas de información e sensibilización.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com