XornaldeLugo.com segue a aumentar a súa audiencia

Na pasada semana, XornaldeLugo.com tivo un alcance de 15.500 en facebook e de máis de 9.000 en twitter. A isto hai que sumar máis de 4.000 visitas á páxina e cerca de 2.000 dende outras plataformas da rede. Estes datos amosan o crecemento constante deste xornal dixital que naceu hai pouco máis de dous anos.

Na actualidade o xornal conta con dúas canles de televisión onde se poden visualizar entrevistas a persoeiros da política, da cultura e da sociedade luguesa e no outro noticias que acontecen, tanto na capital como na provincia de Lugo.

Estes datos veñen a demostrar que a prensa dixital capta cada día máis lectores que buscan unha información actualizada, case que ao minuto, e xornaldelugo.com ofrécea. Tamén é de destacar que un xornal que só ofrece noticias e información de Lugo, teña acadado en tan pouco tempo a audiencia coa que conta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com