A Xunta achega preto de 39.000 euros para a mellora do saneamento en Pradedo de Arriba

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello de Guntín colaborarán para mellorar o saneamento en Pradedo de Arriba, tal e como se recolle no convenio asinado entre a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Jesús Carreira.

Actualmente este núcleo rural non dispón de rede de saneamento, polo que con esta actuación preténdese poñer en marcha este servizo mediante a canalización, a instalación de pozos de rexistro e dun sistema de depuración. Posteriormente, procederase á reposición dos pavimentos danados pola execución das obras.

Para executar estes traballos, o Goberno galego achegará case 39.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

Esta actuación súmase ao convenio asinado o mes pasado entre a Consellería e o concello para levar a cabo a cabo a rehabilitación da estrada que conduce ao centro escolar, dotado con 60.000 euros.

Os obxectivos principais dos traballos pasarán por mellorar a accesibilidade da estrada que conduce ao centro escolar, que parte da N-540 e enlaza coa LU-P 2409. Posto que se trata dunha estrada que presenta un considerable estado de deterioro debido a súa antigüidade.

En concreto, as actuacións consistirán na reparación e substitución de lousa hidráulica nas beirarrúas e na reparación do pavimento da calzada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com