A Xunta adxudica 18 vivendas de promoción pública en seis concellos da provincia

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, aprobou o listado provisional de adxudicatarios para ocupar as 18 vivendas de promoción pública situadas en seis concellos da provincia.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que estas vivendas adxudicaranse tras o período de alegacións, e matizou que “o IGVS convocou 21 vacantes pero en tres casos non se rexistraron solicitantes”.

Así, tras deste último proceso, quedarán adxudicadas seis vivendas en Becerreá, dúas en Muras, tres en Chantada, tres en Viveiro, outras tantas en Vilalba, e unha en Lugo, na promoción de Garabolos, neste caso adaptada para persoas con mobilidade reducida. O acceso ás vivendas pode realizarse en compra ou en aluguer, segundo os casos.

Sen embargo, quedaron sen adxudicar por falta de demandantes inscritos que cumpran os requisitos unha vivenda en Viveiro e outra dúas no casco histórico de Lugo, estas tamén restrinxidas á quenda de persoas con mobilidade reducida.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, asegurou que o IGVS intentará adxudicar tanto estas como as vivendas que vaian quedando baleiras ás familias que as necesiten. Para axilizar este proceso, engadiu, quedaron xa aprobadas listas de reserva en varios municipios.

Deste xeito, indicou, “tan pronto como o IGVS ten de novo unha vivenda dispoñible pode proceder de inmediato ao chamamento doutras persoas inscritas seguindo a lista previamente aprobaba tras sorteo ante notario e seguindo a orde establecida no mesmo”.

O delegado territorial subliñou que o Goberno autonómico está a realizar un esforzo para “dar resposta ás necesidades das familias facilitando o acceso a unha vivenda”, e sinalou que a construción de promocións de vivendas de protección oficial é unha forma de dotarse dos instrumentos necesarios para poder ofrecer solucións ás familias con problemas en materia de vivenda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com