A Xunta conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Xunta de Galicia quere recoñecer neste Día Internacional ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras e considera prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nena.

Exposición Premio María Josefa Wonenburger

Anualmente, a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia outorga o Premio María Josefa Wonenburger Planells. O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

Con este motivo, dende a Secretaría Xeral da Igualdade elaborase unha exposición coas premiadas co que preténdese visibilizar  a estas mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía.  A exposición estará en 11 centros educativos de Galicia

Na provincia de Lugo, poderase ver: no IES Fonmiña de A Pastoriza, no IES Anxel Fole de Lugo, no CEIP Plurilingüe de Lousada en Guntín e no IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo