A Xunta de Galicia e Ecoembes amplían a campaña de reciclaxe de envases, no camiño ao itinerario do norte

A Xunta de Galicia e Ecoembes amplían a campaña de reciclaxe de envases, Camiño da Reciclaxe, mediante a incorporación de novos albergues situados no itinerario do Norte. Tras unha primeira fase posta en marcha en 2016, á que se incorporaron arredor de 130 hospedaxes do Camiño francés, a Consellería de Medio Ambiente e Turismo de Galicia unen de novo esforzos para expandir esta campaña e seguir difundido o respecto pola natureza e fomentando a calidade ambiental ao longo do percorrido.

Así, esta mesma mañá, a directora de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ratificaron o acordo enmarcado no Plan Estratéxico do Camiño de Santiago, o cal recolle o compromiso de desenvolver neste eido accións para a xestión ambiental integral.

Neste verán engádense ao Camiño da Reciclaxe 18 novas hospedaxes, polo que suman xa 146 os albergues galegos que contribuirán a que “o Camiño de Santiago sexa o emblema en Europa da reciclaxe”, afirmou Cruz Ferreira. Este camiño ademáis de ser un traxecto espiritual é unha experiencia para vivir de moitas maneiras distintas, coa posibilidade de desfrutar do matrimonio natural de Galicia.

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, subliñou pola súa banda o enorme potencial do Camiño de Santiago para sensibilizar neste eido, dada a súa vitalidade e constante crecemento. A este respecto recordou que, a piques de rematar a primeira metade do ano, a cifra de peregrinos que percorreron a ruta xacobea supera nun 12% ao do mesmo período do ano pasado. Nava tamén animou aos camiñantes e aos responsables dos aloxamentos a “volver a servir de exemplo, demostrando que é posible reducir o impacto nos bosques ou ríos con xestos sinxelos gracias ao efecto multiplicador da peregrinaxe”.

No mesmo senso, a directora de Comunicación Corporativa e Márketing de Ecoembes, Nieves Rey, puxo en valor a importancia estratéxica de Galicia á hora de desenvolver a campaña, manifestando que “a través da reciclaxe, é a nosa responsabilidade velar polo mantemento da paraxe natural polo que transcorre o Camiño de Santiago. Unha contorna sen comparación, que fala da riqueza da nosa cultura e as nosas xentes”.

Con este obxectivo, e no marco da campaña entre Ecoembes, a Consellería de Medio Ambiente e Turismo de Galicia, os novos albergues adheridos ao programa recibirán unha media de catro contedores, entre amarelos e azuis, e aos que xa viñan colaborando dende o ano pasado enviaráselles o material de reposición necesario. Tamén se lles entregarán carteis informativos en galego, castelán e inglés, nos que se detalla o uso correcto dos contedores; e unha guía de reciclaxe.  Cómpre salientar que esta campaña lévase a cabo en tres Comunidades autónomas, isto é, Galicia, Castela León e Asturias, aínda que é na galega na que hai máis albergues adheridos. En concreto, 146 fronte aos 122 de Castela León e os 44 de Asturias.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com